Imaxes captadas na parada do tempo,
a captura dos sentidos a través da lectura dos seus ollos,
as diferenzas que nos fan iguais
e as liñas que xuntan o meu, co noso.
Imaxes, daquel neno enxoito no pano,
que medra, pero non mira máis aló das montañas,
do horizonte que separa a illa das cores,
o neno que medra entre cantos e campo,
entre flores.
O neno, que fai que me asombre o que ten,
e o que non ten.
Só desertos cheos de amor e tenrura,
só camiños cheos de aventuras,
só historias que perduran no tempo,
só imaxes, que se conxelan e me conxelan.
A loita polo descenso da mediocridade nosa,
o intento de encher o baleiro dos corazóns insignificantes
teimando no respeto e na diversidade,
fixando a fotografia daquel neno na nosa memoria.
Xenuino, lexítimo .
Os corpos vólvense abafantes ante o delirio da sociedade,
témolle aos discursos discriminatorios,
á xenofobia,
en xeral, témolle á inxustiza.
Só quero lembrar a imaxe do neno,
os ollos que me miraron e me dixeron
que as montañas non son montañas senon límites que nos unen e a un tempo nos separan,
e os campos….
os campos son terras sembradas pola natureza.
E eu pensei… ao igual que os seus ollos.
Que poema tan fermoso, que potencia a tolerancia e o respeto cara outras culturas, cara a outras formas de vida :) Estas palabras que transmites gustáronme moito! Sigue así ^^
ResponderEliminarSIN PALABRAS QUE PASADA!!
ResponderEliminar