Mostrando entradas con la etiqueta montañas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta montañas. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de febrero de 2013

Espida.

Así me sinto, coma unha caixa vacía e sen alento.
Así me sinto, coma un paxaro ferido, que non sinte o vento.
Escurridiza, coma a pinga de auga na xanela.
Invisible, vestida de pantasma, envolta nunha tela...

Tellado do veciño, vaporoso, mollado.
Herba húmida e follas alaranxadas.
Non son simples detalles.

Arriba e abaixo,
termos diferentes pero iguais
dende a miña perspectiva agora.
Tan lonxe un coma o outro, aquí alá,
non importa a onde fora.

Sempre me atopo flotante.
Sen forzas. Deserta.
Sen contido. Sen lírica.

Lonxe das montañas quizais,
debuxadas coma sempre, coa mesma forma,
o mesmo relieve, e a mesma sombra.

Din que os meus pés,
levan o camiño marcado,
que eles saben a maneira de dicirme que avance aínda sendo complicado.

E así me sinto coma o medo. Espida. Vixiante.
E se non te teño o pesadelo vólvese arrepiante.
E así me sinto, coma un paxaro ferido, que non sinte o vento.

miércoles, 16 de mayo de 2012

Sorriso dos seus ollos

Imaxes captadas na parada do tempo,
a captura dos sentidos a través da lectura dos seus ollos,
as diferenzas que nos fan iguais
e as liñas que xuntan o meu, co noso.

Imaxes, daquel neno enxoito no pano,
que medra, pero non mira máis aló das montañas,
do horizonte que separa a illa das cores,
o neno que medra entre cantos e campo,
entre flores.

O neno, que fai que me asombre o que ten,
 e o que non ten.
Só desertos cheos de amor e tenrura,
só camiños cheos de aventuras,
só historias que perduran no tempo,
só imaxes, que se conxelan e me conxelan.

A loita polo descenso da mediocridade nosa,
o intento de encher o baleiro dos corazóns insignificantes
teimando no respeto e na diversidade,
fixando a fotografia daquel neno na nosa memoria.
Xenuino, lexítimo .

Os corpos vólvense abafantes  ante o delirio da sociedade,
témolle aos discursos discriminatorios,
á xenofobia,
en xeral, témolle á inxustiza.

Só quero lembrar a imaxe do neno,
os ollos que me miraron e me dixeron
que as montañas non son montañas senon límites que nos unen e a un tempo nos separan,
e os campos….
os campos son terras sembradas  pola natureza.
E eu pensei… ao igual que os seus ollos.