miércoles, 2 de mayo de 2012

Para eles, inda era cedo.

Eles precisaban volver ao lugar do seu primeiro encontro.
Era tarde, e o solpor lucía entre as montañas.
-Deitacheste na area,
miraches as ondas,
e cos ollos pechados
comezaches a camiñar polo mar .


Eles precisaban volver a camiñar polo mar.
E camiñaron xuntos.


Xa non era tarde. A sombra do horizonte achegábase.


-Apareceches deitada na area,
abriches os ollos.
Inda era cedo.
Cerraron os ollos. E empezaron a camiñar por aquel mar xuntos.
-Inda era cedo.
Os párpados xa non lle pesaban,
Volveu haber luz na súa mirada.


Eles precisaban aquelo.
-Non quería que se esgotara aquel sorriso...
Pero o sorriso quedou conxelado. Non había maneira de mover aquela imaxe que quedara queda na cabeza dela.
Entón preguntouse porqué o sorriso non continuaba.
-Ei! ti! Segue sorríndo!
El sorriu dicindolle que inda era cedo.
E o solpor lucía entre as montañas.

2 comentarios:

  1. Moi bonito poema. Moi bo traballo, sigue así :)

    ResponderEliminar
  2. Un poema romántico, como a posta de sol, tan coherente con estas palabras.

    ResponderEliminar