Puxen o sombreiro coma sempre,e souben que estaba a perder a cabeza,
e tiña a sensación de tolear, e querer seguir toleando.
De saber que,
hai bicos de distintas bocas,
pero aquel froito que pendura na árbore é único.
Aqueles beizos que amarran a botella da cervexa
e quedan fríos, e quentes ao mesmo tempo...
aqueles dan a temperatura exacta.
E non sabías o que era espertar
retorcendote e bostezando,
que te abracen e te biquen na testa…
non o sabías pero agora é peor
porque agora quererás que perdure.
Coñeces a miña voz, os meus xestos, os meus movementos...
non só che din a coñecer o meu último pesadelo, senon todos os anteriores,
Así como todos os soños, as expectativas...
E xa sabes, que só tes que rozar levemente o meu pescozo.
E sabes que iso me aterra de vez en cando
e que preferiría que non souberas tanto.
E puxen o sombreiro, coma sempre.
e logo de poñelo, toleei,
e pensei que só son unha bolboreta entre a néboa.
Que voarei invisible entre as brétemas, e acabarei pousada nun ramallo, durmindo para non despertar máis do meu doce e breve soño.
E sí, xa puxen o sombreiro para non quitalo.
Así que non me falen de ulideiras, que quedan na cabeza como recordos bonitos,
Coma a leña queimada nas chimeneas das casas vellas.
Non me falen.
Que xa pasei o traballo
de construír un tallo
e alcancei o froito único daquela árbore.
Non me falen, que xa puxen o sombreiro...
e xa saben o que pasa... cando poño o sombreiro....
Ver videopoema: http://www.youtube.com/watch?v=U2OuIN7eJbQ&list=UUM6z1T3BgxYfUVQRSeqlgSg&index=4&feature=plcp
É incrible a maneira que tes de describir sentimentos coma este que as veces parecen inexplicables. Nunca perdas a fluidez e expresividade que caracterizan as túas palabras. Un saúdo!
ResponderEliminarMoitas gracias pola túa opinión. Alegrame que che gustase. Un saúdo!!
Eliminar