viernes, 22 de febrero de 2013

Espida.

Así me sinto, coma unha caixa vacía e sen alento.
Así me sinto, coma un paxaro ferido, que non sinte o vento.
Escurridiza, coma a pinga de auga na xanela.
Invisible, vestida de pantasma, envolta nunha tela...

Tellado do veciño, vaporoso, mollado.
Herba húmida e follas alaranxadas.
Non son simples detalles.

Arriba e abaixo,
termos diferentes pero iguais
dende a miña perspectiva agora.
Tan lonxe un coma o outro, aquí alá,
non importa a onde fora.

Sempre me atopo flotante.
Sen forzas. Deserta.
Sen contido. Sen lírica.

Lonxe das montañas quizais,
debuxadas coma sempre, coa mesma forma,
o mesmo relieve, e a mesma sombra.

Din que os meus pés,
levan o camiño marcado,
que eles saben a maneira de dicirme que avance aínda sendo complicado.

E así me sinto coma o medo. Espida. Vixiante.
E se non te teño o pesadelo vólvese arrepiante.
E así me sinto, coma un paxaro ferido, que non sinte o vento.

miércoles, 16 de mayo de 2012

Sorriso dos seus ollos

Imaxes captadas na parada do tempo,
a captura dos sentidos a través da lectura dos seus ollos,
as diferenzas que nos fan iguais
e as liñas que xuntan o meu, co noso.

Imaxes, daquel neno enxoito no pano,
que medra, pero non mira máis aló das montañas,
do horizonte que separa a illa das cores,
o neno que medra entre cantos e campo,
entre flores.

O neno, que fai que me asombre o que ten,
 e o que non ten.
Só desertos cheos de amor e tenrura,
só camiños cheos de aventuras,
só historias que perduran no tempo,
só imaxes, que se conxelan e me conxelan.

A loita polo descenso da mediocridade nosa,
o intento de encher o baleiro dos corazóns insignificantes
teimando no respeto e na diversidade,
fixando a fotografia daquel neno na nosa memoria.
Xenuino, lexítimo .

Os corpos vólvense abafantes  ante o delirio da sociedade,
témolle aos discursos discriminatorios,
á xenofobia,
en xeral, témolle á inxustiza.

Só quero lembrar a imaxe do neno,
os ollos que me miraron e me dixeron
que as montañas non son montañas senon límites que nos unen e a un tempo nos separan,
e os campos….
os campos son terras sembradas  pola natureza.
E eu pensei… ao igual que os seus ollos.

martes, 8 de mayo de 2012

Sorriso esquecido. Parte I.

Os ollos dos que me lembro, xa non están.
Observan atónitos cada movemento sospeitoso da vida.

Intentan librarse da batalla
pero quedan concentrados sempre no mesmo taboleiro de xadrez,
e procuran manter con vida tódalas pezas que o conteñen.

Cansaches…
esqueceches as regras do xogo.

Choven bágoas que te levan ao laberinto.
Lembras.
E xa non sabes como comezar a partida de novo.

Coas as de gaivota que te fan voar en en círculos,
que buscan o camiño.

Que soltas sixilosamente un sorriso con vergoña
e cansan os beizos de intentar que perdure.

Coas as de gaivota rota,
recaes sempre cara o lado triste da historia.

Néboas que se cruzan nos teus ollos e se enredan coas tuas pestanas
sen deixarte respirar,
sen deixarte ver.

Néboas, que che lembran o perfume do vento.
Néboas, só son néboas.

Non hai pesadelo se decides que non o haxa.
Pero abre os ollos e camiña descalza.
Comeza o conto e encheo de novas fantasías...

pero….volve.

Só son neboas.


(A Fany)



miércoles, 2 de mayo de 2012

Para eles, inda era cedo.

Eles precisaban volver ao lugar do seu primeiro encontro.
Era tarde, e o solpor lucía entre as montañas.
-Deitacheste na area,
miraches as ondas,
e cos ollos pechados
comezaches a camiñar polo mar .


Eles precisaban volver a camiñar polo mar.
E camiñaron xuntos.


Xa non era tarde. A sombra do horizonte achegábase.


-Apareceches deitada na area,
abriches os ollos.
Inda era cedo.
Cerraron os ollos. E empezaron a camiñar por aquel mar xuntos.
-Inda era cedo.
Os párpados xa non lle pesaban,
Volveu haber luz na súa mirada.


Eles precisaban aquelo.
-Non quería que se esgotara aquel sorriso...
Pero o sorriso quedou conxelado. Non había maneira de mover aquela imaxe que quedara queda na cabeza dela.
Entón preguntouse porqué o sorriso non continuaba.
-Ei! ti! Segue sorríndo!
El sorriu dicindolle que inda era cedo.
E o solpor lucía entre as montañas.

martes, 17 de abril de 2012

O sombreiro

Puxen o sombreiro coma sempre,e souben que estaba a perder a cabeza,
e tiña a sensación de tolear, e querer seguir toleando.
De saber que,
hai bicos de distintas bocas,
pero aquel froito que pendura na árbore é único.

Aqueles beizos que amarran a botella da cervexa
e quedan fríos, e quentes ao mesmo tempo...
aqueles dan a temperatura exacta.

E non sabías o que era espertar
retorcendote e bostezando,
que te abracen e te biquen na testa…
non o sabías pero agora é peor
porque agora quererás que perdure.

Coñeces a miña voz, os meus xestos, os meus movementos...
non só che din a coñecer o meu último pesadelo, senon todos os anteriores,
Así como todos os soños, as expectativas...

E xa sabes, que só tes que rozar levemente o meu pescozo.
E sabes que iso me aterra de vez en cando
e que preferiría que non souberas tanto.

E puxen o sombreiro, coma sempre.
e logo de poñelo, toleei,
e pensei que só son unha bolboreta entre a néboa.
Que voarei invisible entre as brétemas, e acabarei pousada nun ramallo, durmindo para non despertar máis do meu doce e breve soño.

E sí, xa puxen o sombreiro para non quitalo.
Así que non me falen de ulideiras, que quedan na cabeza como recordos bonitos,
Coma a leña queimada nas chimeneas das casas vellas.

Non me falen.
Que xa pasei o traballo
de construír un tallo
e alcancei o froito único daquela árbore.

Non me falen, que xa puxen o sombreiro...
e xa saben o que pasa... cando poño o sombreiro....


Ver videopoema:  http://www.youtube.com/watch?v=U2OuIN7eJbQ&list=UUM6z1T3BgxYfUVQRSeqlgSg&index=4&feature=plcp

Estes días ou estas noites

Estes días que te vexo lonxe e non sei como atoparte,
e só sei refuxiarme nos teus brazos,
sen resposta.
Só sei mirarte
e intentar buscar nos teus ollos aquela sensación de felicidade.
E non quero deixar de refuxiarme nos teus brazos,
nin de bicarte docemente.
Só quero que me mires e mirarte,
e no teu mirar atoparte.

Só intento que me contes aquelo que che fai dano.
Só quero que me biques e acaricies coma calquera outro día.
Coma aqueles días nos que o teu mirar era doce.
Coma naquel tempo, no que crin que me contarías o que oxe non me contas.

E só sei que te quero. Que te estraño...
Só sei que espero que volvas pronto, coma antes.

E sei que o intentas.

... e entón despertei.
E estabas ao meu carón, bicandome.

Susurrachesme, "xa pasou..."

E pasara.

lunes, 16 de abril de 2012

Episodios.

Desafiar o mundo.
Saltar sen mirar e caer.
Volver a levantarse.


Vocábulos,
que fan promesas que quizáis nunca cheguen a cumplir.


Arriesgarse,
e avanzar inutilmente nesta vida cega.


Episodios,
que comezan e rematan.
E só ti, decides como rematalos.


O xardín, as amapolas,
e o dente de león no que se agocha a maxia do vento.


Pisar as pedras queimadas polo astro centelleante.
E saciarse camiñando pola humidade da verde herba.


Agocharse tras de un muro,
como a gaivota espectante ao peixe.


Cambiar a orde,
o suxeito polo predicado e o nome polo verbo.


A vía do tren que leva a ningures.


O animal cazando a presa,
ou decidindo abandonar para non perder.


As estrelas de día
e o sol, choiva e arcoiris, pola noite.


Ti decides.


Desafiar o mundo. Saltar sen mirar e caer. Volver a levantarse.